Saltar ao contido

Joseba Agirre López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoseba Agirre López
Biografía
Nacemento(es) Joseba Aguirre López Editar o valor en Wikidata
17 de marzo de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Ortuella, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–1983 Sestao Sport Club 74(15)
1983–1987   Bilbao Athletic 131(18)
1984–1990   Athletic Club 65(6)
1990–1990   Bilbao Athletic 14(0)
1990–1994 Real Burgos Club de Fútbol 142(18)
1993–1994   Celta de Vigo 11(1)
1994–1996 Deportivo Alavés 62(6)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1993   País Vasco 1(0)

Joseba Agirre López, nado en Ortuella (Biscaia) o 17 de marzo de 1964, é un futbolista vasco xa retirado, que xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Sestao Sport Club en 1981. En 1983 fichou polo Athletic Club de Bilbao para xogar co filial, o Bilbao Athletic, na Segunda división española. Debutou en primeira división en setembro de 1984 contra o Sevilla FC, pero non se incorporou ao primeiro equipo até a tempada 1986/87. Co Athletic Club xogou catro campañas, aínda que só foi titular indiscutible na 1987/88, con 37 encontros disputados. Estivo ano e medio sen xogar por mor dunha grave lesión, e ao seu regreso disputou algúns partidos con equipo filial.

No verán de 1990 fichou polo Real Burgos, tamén de primeira división. Foi titular nas tres tempadas e media que estivo no equipo, as tres primeiras na máxima categoría e no comezo da campaña 1994/95 en segunda división. Xogou máis de 100 encontros co equipo castelán, e meteu 10 goles.

A comezos de 1994 fichou polo Celta de Vigo, adestrado por Txetxu Rojo e que tiña outros vascos como Borja Agirretxu, Patxi Salinas ou Luis Dadíe. No equipo vigués xogou once partidos de liga, debutando no Estadio de Balaídos o 20 de febreiro fronte ao CD Tenerife. Meteu un gol ante o Albacete Balompié no Estadio Carlos Belmonte o 16 de abril dese ano. Catro días despois o equipo celeste xogou a final da Copa do Rei, que perdeu nos penaltis fronte ao Real Zaragoza.

No verán de 1994 fichou polo Deportivo Alavés, de segunda división. Trala disputa da tempada 1995/96, na que xogou 30 partidos, decidiu retirarse.

Non deixou o mundo de fútbol, pois foi secretario técnico do Barakaldo Club de Fútbol e adestrou o equipo feminino Pauldarrak. Amais, colaborou como comentarista en Radio Euskadi e xogou cos veteranos do Athletic Club.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Ficha na web do Athletic Club.
  • Ficha en Fame Celeste.